Queer Galiza

Vila Eloíse é un proxecto creado como punto de encontro e parte dunha rede solidaria autoxestionada cuir rural en Galicia.

Esta casa é un espazo seguro para todas as persoas cuir. Isto inclúe a todas as persoas non binarias, asexual/arromanticas, pansexuales… Non toleramos ningunha actitude invalidante cara a xéneros ou orientacións.

Se pensas que algún xénero/orientación non debería estar incluído na comunidade LGTBQIA+ ou é innecesario ou non é lexítimo, convidámosche a deconstruir a túa actitude reflexionando sobre por que isto perpetúa xerarquías e normatividades sistémicas e como estas actitudes reproducen as violencias que sufrimos baixo a cisheteronorma. Mentres realizas este traballo de deconstrucción estaremos abiertes a un diálogo respectuoso e a facilitarche recursos, pero che pediremos que non colabores coa casa ou visites o noso espazo para preservalo como espazo seguro para todes.

As nosas actividades están orientadas a persoas cuir de todo o mundo. Si nunha mesma actividade coincidimos hablantes de distintos idiomas, decidiremos por consenso cal ou cales empregar nese momento.

Compartimos cos noses compañeiris cuir calquera recurso dispoñible unha vez cubertas as necesidades dos habitantes e visitantes da casa: produtos da horta, equipos informáticos reciclados e reparados, roupa reciclada, etc.

Publicaremos regularmente no noso blog e na nosa conta en Mastodon avisos coa etiqueta #cuirGaliza informando das nosas actividades e detallando o que temos en cada momento dispoñible para redistribuir á comunidade. Si interésache algunha cousa, escríbenos ao noso email: villaeloise(at)protonmail.com.

Create your website at WordPress.com
Get started
%d bloggers like this: